DÍA 1. Clases do martes 17 e mércores 18

Ola...comezamos!

A semana pasada estivemos aprendendo sobre proporcionalidade e regra de tres. Esta semana dedicarémola a asentar os coñecementos da mellor maneira...resolvendo problemas 😛.

Na presentación que aparece ao final poderedes ver as explicacións e os exercicios propostos.

1º A. Martes e mércores. 
  1. Repasade o que vimos a semana pasada (diapositivas 1 a 14).
  2. Collede apuntes no caderno coas explicacións que aparecen dende a diapositiva 15 ata o final.
  3. Resolvede os exercicios que vos indico en PRACTICA!
1º B. Mércores.
  1. Repasade o que vimos a semana pasada (diapositivas 1 a 19).
  2. Mirade dende a diapositiva 20 ata o final e resolvede os exercicios propostos en PRACTICA!
Se non comprendedes algo, dúbidas ou comentarios non dubidedes en enviarme un correo electrónico.

Para revisar os exercicios, mandádeme unha foto do caderno a romina.bastonc@gmail.com. 

Clic aquí
Moito ánimo co 4º día de peche!!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Día 9. Reforzamos descuentos y aumentos % (1º ESO A y B)

Día 4. Porcentajes (1º A y B)